Fúcheste Marga e esquecécheste de avisar. Pardal miudo e souril que quería pasar desapercibido.

Queremos pronunciar e recordar o teu nome sen ningunha sombra de tristura e o que nos queda é o cariño e o ánimo que trasmitías. Mestra compañeira e amiga.

As pegadas que deixas nos que quedamos, alumnos, compañeiros e amigos, fan que sorriamos ao pensar en ti porque apenas estás do outro lado do camiño. Mestra solidaria e comprometida. Comprometida tamén coa cultura, coa lingua, co contorno... co mundo, en definitiva. Titiriteira incansable!!

Por Cedeira pasaches e en Cedeira seguirás na nosa memoria.