As eleccións e as súas garantías

21.09.2016 | 04:55

Estamos en momentos electorais, e resulta que me propuxeron de ir como interventor ou apoderado a unha das mesas, para recoller unha copia da acta cos resultados...

Tratei de pescudar como funciona o sistema, en que forma se cumpre un mínimo de garantías respecto ao cómputo global.

Unha vez que en cada mesa se contan os votos, e o resultado é aceptado polos presentes, se confecciona unha acta recollendo os mesmos, firmando os presentes para dar fe dos resultados.

Esa acta é enviada directamente a Xunta Electoral, que é a responsable de facer un reconto global, nun prazo de tres días, para dar un resultado oficial. En cada mesa está presente un funcionario ou funcionaria de Correos, que asume persoalmente esa responsabilidade.

Paralelamente, outro funcionario toma pola súa conta nota dos resultados, e os envía, por vía telemática ao Centro de Datos, onde se procesan, para ir facendo un cálculo provisional, que logo a Xunta Electoral debe confirmar, nun prazo de 3 días... (Isto quere dicir que a persoa que fai o envío manual telemático, separado do envío do documento, pódese trabucar na transmisión de datos, xa que o fai pulsándoos de "memoria" nun aparello (teléfono, tablet ou PC) que non está libre de erros, xa que únicamente comproba que o total final cadre coa suma dos votos a cada partido, pero pódese trabucar nas siglas, ou nas cifras que dean o mesmo resultado, por coincidir as diferencias...

Isto non representaría un atranco (e un resultado provisional) pero o problema e que a Xunta, salvo que exista unha reclamación, non computa os resultados recollidos nas actas, dando por bos o resultados publicados como provisionais.

Como se pode facer unha comprobación?... Os partidos envían interventores e apoderados, pero é moi dificil que se cubran os miles de mesas na que se vota. Pero nas instrucións a os membros das mesas habería que incluír unha que obrigara a, ademais do envío en papel da acta, que tamén se publique en internet unha copia de mesma, para que partidos e as persoas poidan comprobar o resultado, o que sería fácil tendo en conta que unha copiada acta debese expoñer obrigatoriamente ao público na porta do colexio electoral, accesible en calquera momento.

Entendo que corresponde a Xunta Electoral valorar esta proposta, pois son os garantes da limpeza do proceso.

Eu fracasei no intento, pero considero que debería terse en conta. (Logo, para facilitar o computo, xa existe una aplicación informática).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 
Enlaces recomendados: Premios Cine