A deixadez das administracións cada día é máis evidente. Está claro que se non é en épocas de eleccións (e as veces nin con esas) non se preocupan dos cidadáns. Total, para que? Eles pagan os seus impostos sen rechistar, mentres lles poñamos fútbol, Olimpiadas ou o Sálvame están todos caladiños coma petos. En Lourizán, unha parroquia da "gran cidade peatonal" con premios por ser tan maravillosa para os peóns, fai dous anos que nos quitaron dous pasos peonis obringando ós veciños a cruzar "a lo loco" a estrada. Xa estamos considerados como deportistas extremos, pois co tráfico de camións constante cruzar é unha peripecia. Resulta que en San Brais, na Robleda, no Regueiriño, dada a cantidade de tráfico que sofren, puxéronlles pasos de peóns elevados, non fora a ser; pero a nós, que xa nos queixamos non fai moito deste problema pedindo que os poñan, nos ignoran. Fágome outra vez dos medios para queixarme, pois teño que cruzar cun cativo de 3 anos tódolos días para que éste acuda ó colexio (unha parada de autobús inexistente, todo sea dito, pero diso voume queixar outro día). Necesitamos un paso de peóns, un semáforo, o que vos saia da real gana señores e señoras do consistorio, Deputación ou Xunta, pois eu xa non sei a quen referirme.