Se queremos definir un pouco, pensar significa formar ideas na mente, reflexionar. De pensar derívase o pensamento, que é un fenómeno psicolóxico racional, obxectivo e externo que nos sirve para solucionar os problemas que nos aparecen día tras día.

Podemos falar tamén dos grandes pensadores da humanide desde Sócrates, Platón, Aristóteles e outros moitos máis que sería moi longo citalos agora. Eles foron e son os verdadeiros maestros para ensinarnos a pensar. A eles debemos acudir coa nosa lectura. Son os clásicos ou modelos que nunca pasarán de moda.

O proceso de pensamento é un medio de planificar a acción e de superar os atrancos entre o que hai e que se proxecta. Segundo a definición teórica, o pensamento é aquelo que se trae á realidade por medio da actividade intelectual. Os pensamentos son productos elaborados pola mente, ben sexa por procesos racionais do intelecto ou polas abstraccións da imaxinación.

Os humanos temos o privilexio da facultade de pensar, o que nos fai distinguir dos demais animais. Somos capaces de cambiar o mundo co estudo das cousas aplicándolle o pensamento. Os grandes pensadores son moi beneficiosos para humanidade. Son os benefactores do noso desenrolo intelectual, que é o que dignifica ó ser humano.

No mundo que estamos a vivir, corremos demasiado; non nos paramos a pensar nas cousas que temos diante moi importantes e que non as vemos. Debemos parar un pouco diante do que nos atopamos e facer unha reflexión antes de tomar decisións. Hai un tipo de pensamento chamado crítico que analiza e ó mesmo tempo avalía as ideas intentando obter respostas convincentes relacionadas coa moral, a ética, os gustos, as tendencias; é este o tipo de pensamento que nos axuda a formar a personalidade e a reforzar as nosas conviccións a través da observación activa da realidade.

A liberdade de pensamento é un dereito de todos os seres humanos, e con todo nos adoita amedrentar, coas súas potenciais consecuencias, por medo ós ataques de quen non soporta a diversidade.