07 de septiembre de 2016
07.09.2016

Aos de Podemos que van pedir o voto para o BNG

07.09.2016 | 04:55

Caeron da burra xusto a tempo, "Coleta Morada" non agacha nada, deixouno ben claro o elixir o morado para o partido, é a cor do Pendón de Castilla, e xa é sabido o concepto que teñen de nós, non hai mais que darse de conta dos sinónimos e acepcións de "gallego" no castelán, case que todas vexatorias (as que están ou non, nos dicionarios), e algún político as emprega inconscientemente, como lle pasou a que fora fundadora da UPyD, que tiña o mesmo coñecemento da Galiza que o de Ciudadanos a contar como fala de nós.

É a visión centralista-castelanista de España, da que non se libra Podemos, polo que non sorprenden as súas actuacións. Tamén o deixou claro a súa secretaria xeral na Galiza, cando dixo que o nacionalismo pode ser un fin ou un medio (de gañar votos). Non sería sorprendente se o PP en campaña, esgrime o galeguismo fronte a Ciudadanos.

Xa comentei a concepción castelá de España que tiña Alfonso XIII, na parede por riba do cabeceiro dunha cama estreita, metálica, do dormitorio para "cando se deitaba tarde", tiña dous banderíns, o morado de Castela e a bandeira de España, o mesmo nivel e tamaño, os mastros cruzados, o de Castela inclinado á esquerda e o de España á dereita. Cando entrou a II Republica puxéronlle o morado á bandeira; parece que Castela tiña hexemonía e preeminencia, o que puxeron de manifesto os debates ao respecto nas Cortes Republicanas e a brutalidade con que actuou en Cataluña. A I República fora todo o contrario e non cambiaran as cores da bandeira. A actual monarquía parlamentar é menos centralista ca II República e debería ter máis doado aceptar a realidade plurinacional, contra do desexo dalgúns que non son quen de entendelo, non dan caído da burra e queren ir á contra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine