Coido que a proposta de M. Iceta de suxerir ao Rei un candidato a presidir o goberno, que non fose M. Rajoy, é a ter moi en conta. O que non dixo e digo eu, é que sexa catalán. Hainos dabondo dos e das que xa tiveron ministerios e algúns tamén importantes responsabilidades en institucións internacionais, de todos os partidos que gobernaron na democracia, incluída a UCD, que hoxe non están nas Cortes. Hainos sen militancia partidaria, con capacidade para facelo moi ben. O de ser catalán, neste intre é un valor engadido, á vista do que está a pasar en Catalunya. Cómpre arestora coñecer e, mais que nada, sentir Catalunya para gobernar España.

O de termos un ministro, que non Ministerio da Plurinacionalidade, pode axudar a gobernabilidade do Reino de España. A mención aos reinos da monarquía española é de cotío na historiografía; e un reino é equiparable a unha nación.