15 de agosto de 2016
15.08.2016

Lembrar doe, contar salva

15.08.2016 | 04:18

Nunca responde con exactitude. Agóchase con habilidade entre as pólas como en Soldados de Salamina. Non se axeonllou ante ningún dos seus proxectos literarios. Todos saíron adiante.

"Son un escritor incomodador". Non agocha a súa militancia antifranquista na clandestinidade. Tamén en sindicatos e partidos. Empezou a escribir serodio, aos 27 ou 28 anos, aínda que unha década antes xa tiña un plan literario. "A literatura non debe ter ensaio ideolóxico".

Home sen nome cuestiona a historia familiar e o estatuto de vitima que é cómodo para todos. Interésase polo pasado fantasmal da cidade na que se criara. Só houbera un libro de Toxo Ramallo,"valioso aínda que algo desordenado",que investigara a represión aquí. Suso quería abrir a ferida conscientemente. "¿Quen foi o asasino de Ánxel Casal? Sabía que o libro me ía causar problemas". Topou co habitual consenso en voga de que todos somos inocentes. Lévase moito o de non remexer o pasado e a identificación co bo republicano. "Aborrezo ese xesto hipócrita".

Home sen nome estaba pensado para ser unha obra teatral. Un dos diálogos inspirouse, confesa, nunhas verbas de Hannibal Lecter. Hai unha dialéctica entre dous vellos no hospital; un fora paseador e ao outro zafou pero llemorreran seres cercanos. É curioso que os nomes de dous centros médicos sexan Gil Casares, "conspirador e represor", ou "o pistoleiro" Juan Canalejo.

Construiu un mapa para saber onde se conspiraba. Para crear o tecido recibiu axuda de Emilio Grandío, Dionisio Pereira, historiador do anarquismo, ou Encarna Otero.

Nalgún intre pensou facer unha historia sobre as Marías. "Dúas toliñas". A xente "facíalle bromas, non acostumaban faltarlles ó respeto". Por ter irmáns anarquistas padeceron a represión dos "señoritos e matóns". "Paréceme unha mentira que a estatua da Alameda a inaugurase un falanxista como Torrente Ballester. Chamáronme inquisidor por dicir isto". O escritor ferrolán pertenceu ó Partido Galeguista pero logo evolucionou en candidaturas de extrema dereita. "Na Universidade xa era simpatizante dos que preparaban o golpe. Deu aulas vestido de falanxista coas botas de caña alta e dando coa fusta. Logo disfrutou das prebendas. A versión oficial era que vestira a camisa azul por medo".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine