Se nos lembramos un pouco de cando fomos á escola, no estudo da Lingua aparece a expresión "campo semántico", que quere dicir que hai palabras que se relacionan entre si por algo que lle é común. Non se trata agora de dar unha clase de lingüística, pero tampouco está por demais avivar o significado de certas expresións e palabras, que se están a perder, precisamente por falta de uso.

Non vamos agora, tampouco a profundizar moito no significado ou sentido destas palabras que quixen escoller, porque de todos é ben coñecido. O problema non vén por aí, senón porque no vocabulario da nosa lingua poden chegar a desaparecer certas palabras por falta de contido ou que xa non se utiliza o abxecto que as representaba; por exemplo, a palabra "refaixo" está a punto de desaparecer, pois agora as mulleres xa non usan refaixo.

Partindo da base de que o ser humano é sociable por natureza, non podemos deixar de usar nunca estas palabras, o contrario sería ir ó suicidio da sociedade que formamos como individuos, ó non construír ese aspecto fundamental da nosa persoa que nos fai ser libres por compartir na colectividade.

Ás veces queremos inventar formas de trato que nos son máis "guay?, ( está de moda) e nos parecen anticuadas outras. Os sabios nunca poden pasar de moda. Escoitade, por favor, a Arístóteles na súa Etica:" cando un home da probas de xuízo nas cousas que son de dominio da prudencia é porque é intelixente, ten bo sentido, en caso necesario sabe ser indulxente e perdoar; porque os procedementos honrosos e benévolos son os que empregan todos os homes verdadeiramente bos nas relacións cos demais homes". Está claro que se refire ó perdón.

O perdón limpa a nosa mente e nos fai estar ben con nós mesmos. Moitas veces céganos o amor propio e non vemos a satisfacción da conciencia cando utilizamos o perdón. Deixar de sentir ira ou de gardar xenreira axudaranos a estar máis calmados, mellorará a nosa saúde e nos permitirá ser máis felices.

Outra palabra que ten un sentido amplo e ata bonito canda a usamos é "grazas". Pensemos no dito tan antigo de: "É de ben nacidos ser agradecidos". Este vocablo aínda se utiliza bastante, pero é una magoa que se use máis no aspecto comercial interesado, nas compras e servizos cando pagamos. Hai moitísimos casos onde podemos practicar esta palabra sen esperar nada a cambio. Non podemos olvidar a práctica desta palabra que tamén é moi saudable para nós e para nosa relación social.

Por último, todos sabemos cando pedimos algo, (que o facemos con moita frecuenza?) como o pedimos? É de boa educación e respecto, digamos: " por favor".

Para ben de todos, por unha boa convivencia, por favor!, non deixemos desaparecer estas palabras que pertencen ó campo da educación e nos axudan a mellorar como persoas.