10 de agosto de 2016
10.08.2016

Os miserables

10.08.2016 | 06:02

Nestas datas, roldan pola parroquia de Teis, no seu rural, caracterizado pola abundante poboación de idade avanzada, a maioría de ela, soa, ben porque seus fillos tiveron que mudar de cidade ou país para ter una oportunidade, ben porque moitas de elas, desesperadas por ter que manter o axudar os fillos e a súa prole, provocando, situación en moitos casos desesperadas para poder chegar o remate do mes.

Pois ben, aproveitando a necesidade das persoas, utilizando a información a medias, en algún casos información dos recibos e facturas que temos que pagar cada mes, luz, gas, etc., unas señoritas, de moi boa presenza, identificadas como comerciais de una empresa eléctrica e subministradora de gas natural, con sede en Cataluña, na cidade de Barcelona, con supostas rebaixas e con una educación e cariño exquisito para con nosos maiores adícase a captura de clientes para dita entidade, por certo, con tanta ansia que non verifican as sinaturas que precisan para os trocos da facturación dos recibos ,nin poden borrar os datos nin sinaturas que acadan. Pero todo e validado para mudar o cobro e pasarnos a minuta nas nosas contas correntes .

Este tipo de practicas, repugnantes, están amparadas pola lei, a través das novas normas de contratación e facturación que dende a administración se aproban, só tendo como ferramenta os catorce días de graza, que por certo aparece en letra pequena , sen amosar que tipo de documentación se precisa nin quen ten que asinar dito documento, para solicitar a baixa en dita empresa e para evitar una dobre facturación.

Estas empresas "deben" ser os caixón de sastre de moitos políticos, xa que a eles na súa xestión e público que de graza danlle cen días e moitas mais facilidades de defenderse.

O nome da empresa non o poño, xa que considero que deben ser as mesmas as que notifiquen, advirtan o se desculpen ante os usuarios por realizar estas prácticas, aínda que se amparen no descoñecemento dos seus comercias ou empresas contratadas , si son responsables das súas actuacións, utilizando o seu nome.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine