10 de agosto de 2016
10.08.2016

¿Avenida? Cesáreo Vázquez...

10.08.2016 | 06:02

Acábome de enterar do falecemento de Manuel Sánchez, veciño de San Miguel de Oia, atropelado fai uns días na porta da súa casa. Vou denunciar o que tiña que haber feito hai moito tempo: o abandono que padecemos nesta parroquia a nivel de infraestruturas. Como pasa case sempre, esperei a unha nova morte para denuncialo. Sei que non vai valer de nada, pero polo menos espero que sirva de reflexión e denuncia o mesmo tempo.

Cando os políticos, encabezados polo señor Caballero, dín que a nosa cidade está discriminada en inversións (respecto do resto de Galicia e máis do Estado) estou totalmente dacordo, pois as cidades e os barrios deben percibir en proporción ó que pagan a través de impostos e outras tasas que nos son impostas.

Isto ven a conto de que San Miguel de Oia ten máis de catro mil habitantes (non sei cantos concellos hai neste país que chegen a metade), e despois de cen anos, que ten a mal chamada avenida Cesáreo Vázquez, nin a metade do seu percorrido ten beirarrúas (pero iso si, esa metade, temos que agradecerllo a este alcalde), pois foi o único que se acordou desta parroquia. E aínda que só por tramos e por unha beira temos case un kilómetro de percorrido no que, polo menos, non vamos cá vida vendida.

Paradóxicamente onde foi atropelado o veciño Manuel (Q.E.D.) é nun dos tramos que seguen igual que hai cen anos, pois do cruceiro ata a carretera de Camposancos (a mal chamada avenida) está como a deixaron os romanos.

Dín que é complicado continuar cas beirrarúas, pois hai que tirar casas e muros, e a xente non quere ceder os terreos.

Iso é o que indigna a calquera, os veciños non teñen que doar nada, aos veciños hai que pagarlle o que valen os terreos, e se algún non está dacordo se lle expropia, ¿Ou non se expropia para outras cousas importantes, por suposto? Pero ¿hai algo máis importante que a vida dos cidadáns? Porque independentemente de que o que atropelou a Manuel dera positivo ou non, eu non sei en que sustancia (foi titular en toda a prensa), e non vou ser eu quen o defenda, Deus me libre, o que sí teño claro é que se pola chamada avenida houbera beirarrúas, nin Manuel nin a señora Anaír (Q.D.P.), atropelada hai uns anos na mesma avenida, houberan sido atropelados.

Se o tramo que vai dende o cruceiro ata a carretera de Camposancos é lamentable, o que vai dende o kiosco de Pablo Beiro ata a Praia de Canido é indignante. Catro propietarios cos que chegar a un acordó, propietarios dunhas fincas que a máis pequena ten polo menos dous mil metros cadrados, e se o acordo non é posible sempre queda a expropiación, pois dito tramo da avenida está nas mesmas condicións que cando só se usaba para carrexar argaso dende o xunqueiro ó resto da parroquia en carros de bois.

Sei que isto vai quedar nunha pataleta, e que os responsables non van ler esta carta, polo que lle pediría ás diferentes asociacións da parroquia, xa que de cando en vez invitan ó señor alcalde a participar en distintos actos, que o inviten tamén a dar un paseo dende o kiosco ata a praia, e se pode ser que veña acompañado da concelleira Chus Lago, e despois que nos diga onde pasou máis medo, nese tramo de avenida ou cando atravesou a Antártida.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine