26 de julio de 2016
26.07.2016

Manobras orquestrais na escuridade

26.07.2016 | 04:42

Cóntanse cos dedos dunha man as ocasións en que, un servidor, sae en defensa dun político. E creo que me sobran catro. Sigo a senda marcada polo noso querido Joan Manuel, no sentido de que penso que "entre esos tipos y yo hay algo personal". Ou, polo menos, o hai na maioría dos casos. Pero, como sempre hai unha excepción que confirma a regra, e sin que sirva de precedente, vou amosar a miña profunda desazón, ante os xa máis que reiterados rumores dunha inminente moción de censura contra o equipo de goberno actual. Falo de Tui, obviamente.

Como lles dicía, dende fai un par de meses transcenden reunións promovidas polos máis afectos á dereitona de toda vida, encamiñadas a unha especie de refundación do PP local, e que, de paso, poderían estar tramando unha moción de censura en contra do actual equipo de goberno. Non sería, por suposto, a primeira vez que isto sucede. Individuos de semellante talante democrática non dubidaron no pasado en tomar con escuras manobras aquilo que non lle deron as urnas. De isto podería falar largo e tendido o Sr. Capón, que xa sufriu nas súas propias carnes a consecuencia de tan funestas prácticas "democráticas".

Cabaleiro, e o resto dos concelleiros do equipo de goberno, levan á fronte da xestión municipal pouco máis dun ano. E, por suposto que teñen cometido moitos erros, e que queda moito camiño por andar (se lles deixan). Me consta que teñen que lidar a diario coa espada de Damocles das consecuencias das innumerables irregularidades e chapuzas herdadas dos rexedores anteriores. E a ninguén se lle escapa que non e fácil harmonizar os intereses de catro grupos distintos.

Poro o certo e que en Tui se respira outro aire. Un entra na Casa do Concello e se sinte como na casa, cando antes un tiña a sensación de estar entrando nun escuro feudo medieval. As rúas de Tu atópanse ateigadas de turistas. Non hai máis que saír á rúa á tardiña para ver as terrazas repletas de visitantes. O alcalde e os concelleiros reúnense periodicamente cas asociacións veciñais, cando antes o facían cos caciquiños "de confianza" de toda a vida. Xa non temos a festa da "gula", perdón da angula, coa que os mandatarios locais adoitaban agasallar ao xerifaltes de Santiago. Nin falta que fai.Ata parece que por fin vaise abrir a Rúa Ourense. A obra cen mil veces prometida, mira por onde vai ser acometida por este goberno tan inestable. Son só catro exemplos, pero tería para catro cartas.

Sobre os plenos, que dicir. Polo menos agora se tratan os temas con certo rigor e profesionalidade. Con respecto democrático, aínda que se bota de menos na bancada da oposición un mínimo de pericia á hora de fiar a terna de suxeito, verbo e predicado. Ás veces, francamente, custa entender o que queren dicir.

En resumo, a onde quero chegar: cando os tudenses quixeron que o PP pasara de ter 9 concelleiros a tan só 4 o que estaba decindo, democráticamente, e que querían que este partido pasara de gobernar a ocupar o banco dos suplentes. E digo dos suplentes, porque no outro xa estiveron dabondo. E si tiveran un pouco de fairplay e de talante democrático, deixarían de estar continuamente conspirando de modo aleivoso e vergoñento para tratar de usurpar de novo, para non soltalo mais, o cetro de mando.

Deixen traballar. Acepten a derrota. Refunden e rexeneren o PP cantas veces queiran, que boa falta fai. Pero non teñan presa, que os partos prematuros adoitan vir acompañados de moitas complicacións, sobre todo cando son froito de moitos pais.

Boto de menos, iso si, que algún que outro partido, tanto dos que gobernan como dos que "opositan", se manifeste claramente sobre as "manobras orquestrais na escuridade". Non o fan, eles saberán por que.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine