02 de julio de 2016
02.07.2016

"Todos agás nós"

02.07.2016 | 04:39

Aproxímase a estrea dunha nova entrega da comedia benaventina na que se está a convertir a política española. A investidura de Mariano Rajoy depende dos pactos que poida acordar o Partido Popular para non obrigar aos españois a visitar cada seis meses os colexios electorais. Mais para lograr a presidencia, o PP precisa do apoio (ademais de Cidadáns) de forzas coma o PNV, Coalición Canaria e mesmo a abstención dun deputado de Nova Canarias, que xaora esixirán importantes prerrogativas para os territorios polos que foron elixidos. Esta coxuntura pon enriba da mesa a importancia dos partidos nacionalistas nas negociacións para a formación dun executivo, negociacións onde Galicia ficará probablemente esquecida. A progresiva desaparición no panorama político galego do BNG e a inexistencia dun referente nacionalista consolidado fai que o noso país non figure na orde do día e quede relegada a un segundo plano. É triste pensar que os problemas endémicos que sofre unha nacionalidade histórica como a nosa, non sexan condición sine qua non na formación do novo executivo, por non existir unha formación que traslade estes asuntos ao escano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine