O pasado sábado, día 18 de xuño, acudimos ás Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro coa miña nai e, tras varias probas, resultou ser unha rotura de cadeira, polo que quedou ingresada para operar. Ó día seguinte tivérona sen comer para, no caso de que houbese un oco, poder operala. Pero non o houbo e, a día de hoxe despois de máis dunha semana, aínda non encontraron un oco para facelo e descoñecemos se o haberá nos próximos días. Tras 11 días continuá na mesma situación, con moita dor a pesares dos calmantes e dos coidados dos traballadores da 2ª planta Vela A-Trauma (a quen dende aquí queremos dar as grazas polo seu cariño e atención).

Consideramos inhumano e vergonzoso o que está ocorrendo, pero xa non sabemos que máis facer salvo facelo público e acudir á atención ó usuario, e esperamos que alguén se acorde de que nunha habitación do Álvaro Cunqueiro está unha señora esperando que a operen.