O significado da palabra autoridade ven de moi antigo. Teriamos que retroceder no tempo, posiblemente demasiado para atopar ulgunha orixe da "autoridade." O vocablo latino auctoritas fai referencia á potestade que logra alguén que ten poderes ou facultades sobre un grupo de persoas. As necesidades de supervivencia obligaron aos homes a establecer unhas regras de xogo que lles permitira poder afrontar os perigos e contratempos dun medio hostil como poden ser os demais homes ou a propia natureza.

Nesas épocas a autoridade era o dereito dun superior ó cumplimento exacto por parte dos subordinados. Desenrolábase na cima e baixaba a través de toda a comunidade.

Nas sociedades realmente democráticas a aceptación da autoridade ven de abaixo cara arriba.

A súa noción foi tratada por filósofos e sociólogos. Algún di que hai catro tipos puros de autoridade. Por orden cronoláxico: o xíz (Platón), o xefe (Aristóteles), o pai (a Escolástica), o amo (Hegel). A autoridade só ten sentido no tempo. E que a estructura da persoa que está frente a unha organización ou a certo grupo debe conter elementos morais, intelectuais, sociais, culturais, sensitivos, de acción e experiencia, de coordinación e control, etc. Segundo esto un líder debe saber que a razón de ser do seu grupo é mellorar e por iso debe ter en conta as necesidades dos demais.

Tamén se fala de dous tipos de autoridade claramente deslintados. Así, por un lado, atopámonos coa autoridade xurídica que é a que se determina e se impón por obligación. O segundo tipo sería a autoridade moral: a que exercen as persoas,non só polos seus coñecementos senón por o papel que lle tocou desempeñar con responsabilidade, porque ten un sentido ético para beneficio dos demáis.

Non sei se me estendín moito nesta reflexión sobre a davendita palabra. Ó mellor o fago coa idea de que cando a escoitemos non teñamos medo. A autoridade non ten porque asustarnos, é necesaria na vida, na organización social das persoas. Ten que existir nunha sociedade civilizada para aprender a convivir. A autoridade non se ten, se exerce.É a facultade que fai que esas persoas poidan saber levar a cabo a misión que lle foi propia ou enconmendada.

O problema me parece é que temos cada vez máis aversión a tal palabra. Quizais sexa porque a autoridade leva consigo algunhas veces outra que a temos por fea tamén. Me refiro a que cando se exerce a hay casos en que hay que dicir "non". A palabra "non" ás veces é necesaria para ver o bo camiño que debemos seguir cando nos torcemos. Debe ser o efecto polo exemplo e saber facer das persoas que ten que exercer a autoridade. Cando viaxamos polas estradas tamén temos que respectar as sinais de prohibición e obrigación, non si?

Outro día falaremos da educación vial, porque, máis que nada, sempre estará polo medio a Educación.