Sabes que é imposible pero o tentas. Subir a triple valla melillense de oito metros. Hai que tentalo. Os sensores dos coches patrulla detectan o latido do teu corazón. Detectan a temperatura do teu corpo. Os malinenses son os máis educados ó ser arrestados. A túa cor delatache en todas partes. Os que poden cruzar a fronteira no fondo dos vehículos rexeitan o CETI i España por masificación. Xunto a valla, no monte Gurugurú malviven os rexeitados. Algúns viven catro anos no monte. Ninguén sabe con certeza que sucede cos inmigrantes devoltos a Marrocos. E todo un misterio...

Europa decidiu enviar a todos os sirios a Turquía prometéndolle moitas bonanzas económicas e de entrada na UE.

Pero...¿alguén sabe que lle ocorre a un sirio cando é deportado a Turquía? ¿Alguén pensa que Turquía ten aprecio os mínimos respetos polos dereitos das persoas? ¿Alguén pensa que Turquía agarda cas mans abertas a chegada de inmigrantes sirios?

¿Alguen cree que Melilla e Turquía son a solución ó problema sirio?