A absurda (i)lóxica da Administración

03.06.2016 | 04:55

Pregúntome cando será suficiente.

Unha das condicións para poder opositar no concurso oposición para acceder ao corpo de mestres é acreditar o coñecemento do galego. Para iso debemos estar en posesión do Celga 4 ou ben presentarnos a un exame previo á oposición. Mais a cuestión é que para a Administración parece que nunca é suficiente.

Por un lado, a proba de galego previa ás oposicións só é válida para unha única convocatoria, polo que un opositor deberá facer a citada proba tantas veces como concursos de oposición aos que se presente, mesmo se a última ocasión foi só un ano antes.

Por outra banda, en abril deste ano 2016 celebrouse o exame do Celga 4, que non se convocaba desde 2014. A Administración non tivo en conta esta circunstancia especial e publicou igualmente a convocatoria das oposicións antes da saída dos resultados do exame do Celga 4, sen considerar as consecuencias que isto carrexaría para os opositores afectados.

A miña pregunta é: acaso ten algún sentido que se nos esixa facer un exame para acreditar o noso coñecemento do galego cando xa dispoñemos do certificado do Celga 4? É que acaso a proba de galego previa ás oposicións ten máis peso có Celga 4? Dado que o exame se realizou con anterioridade á publicación da convocatoria, por que non se nos permite alegar, agora que se abriu o período destinado a estes efectos, que temos o certificado do Celga 4? Non sería máis lóxico e sensato que a Administración se aforrase e nos aforrase os recursos, gastos, molestias e trámites innecesarios que supón obrigar aos opositores afectados a facer a proba de galego unha e outra vez?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine