Hai está, vendo pasa-lo tempo, e empeza a ser urxente, ninguén move ficha, ou sexa basicamente o Concello, porque está claro que doutras administracións non imos obter nada de nada.Por que Vigo non consegue o que noutras cidades xa están facendo, e con éxito? Espazos recuperados como o Matadero de Legazpi en Madrid, A Térmica de Málaga, A Fábrica de Tornillos de Miranda do Ebro, El Hangar de Barcelona son exemplos de espazos industriais recuperados e outros tantos en diferentes partes da Península Ibérica, de grandes cidades e máis pequenas, sen contar cidades europeas onde se recuperaron barrios enteiros. Decía A. Zabalbescoa, que non só é conveniente cuestionar a piqueta, porque non convén aniquilar edificios, e con eles a memoria dun lugar, realizar intervencións en edificios antigos ou que xa non se usan para o que foron construídos, e dedicalos para uso colectivo. Así, un edificio sen perder a súa identidade pode ter unha nova vida, e é que recuperar o patrimonio sen modificalo e reinventalo aínda que sexan con poucos medios ofrece ademais unha nova mensaxe.

Vigo necesita urxentemente un centro cultural de uso múltiple ó marxe dos que nos ofrecen a iniciativa privada, necesita un espazo onde se poidan levar a cabo actividades multiculturales, unha grande biblioteca,.. e A Panificadora reúne todo, a recuperación dun espazo, a reutilización dun edificio, a revitalización dunha zona, ben comunicado cos diferentes barrios da cidade, é perfecto, e non é o único de Vigo, A Metalúrgica, a fábrica de Barreras en Tomás Alonso, Alfageme... e que seguro que acabarán con eles a piqueta, e se unirá ao que xa son só un recordo en fotografías. Vigo é diferente, todo son proxectos faraónicos, proxectos de centros comerciais aberrantes, museos sen sentido, ou que funcionando déixanse morrer, barcos nas rotondas, algo pasa que impide que se leven a cabo boas intervencións no ámbito da cultura, constrúense edificios como o Pazo de Congresos case inútil e feo, ou otros proxectos fantásticos, necesítanse edificios para usar, para crear, non mamotretos, e mentras, edificios como A Panificadora se degradan.

Vigo non ten sorte cos alcaldes, algúns especialmente nefastos, o casco vello por exemplo rehabilítase pero a paso de tartaruga, un claro exem-plo é a recuperación da Panificadora, urxe un concurso de ideas para a súa rehabilitación, pero para actuar xa!!! antes de que sexa demasiado tarde e a perdamos para sempre.