No deporte en xeral Redondela sempre foi berce de grandes deportistas en tódalas especialidades (Juan José, Rubiñán, Germán Muiños, Marcos Serrano,?) e iso foi tamén grazas a xente desinteresada coma Javier Cardero, José Luis de Chapela, Gene, Geno Ferreira ou Roberto "O Rubio", entre outros. Digo isto, polo éxito acadado por Antón Pérez; que quen ía pensar cando empezou en Casa Paco aos catro anos, que ía quedar campión de España en fútbol sala.

Hoxe as instalacións que temos, que son unha ledicia e céntricas, seguen colleitando e formando deportistas e persoas para seguir sendo un referente do pobo.