Un dos xeitos de embelecer as cidades serían os murais artísticos e tamen os graffitis, sobor de todo nas zonas abandoadas do casco histórico, sempre que non sexa nas pedras milenarias ou donde xa había un monumento ou igrexas, nin valados e casas que son patrimonio e o que fan é emporcalas, non se pode facer unha obra de arte donde xa a había dende fai moitos séculos.

Outra cousa moi distitna son as pintadas indiscriminadas e anónimas que agora profileran na cidade, sempre me pareceu unha cobardía valerse do anonimato ou seudónimo para reivindicar algo ou ao insulto persoal cando non se está dacordo, sobor de todo ao utilizar paredes ou baixos de edificios que aos veciños lles costou moito pintar, ou na fachada dunha igrexa como pasou na de Campolongo, ese tipo de actos perxudican máis a quenes o fan que os que van dirixidos e dañan a razón que tiñan a maioría por culpa duns poucos o que fan e perxudicalos cara a opinión pública todos temos a obriga de ter a cidade limpa, nadie pon en duda as razóns para as pintadas, pero seguro que as paredes emporcadas e a igrexa non teñen culpa do conflicto e agora os veciños teñen que pintar de novo.

Alguén pensou dos que manda: "ata aí hemos chegado" e multou a uns mozos por facer un mural da nosa poeta Rosalía de Castro nun muro na entrada do paso dos Gafos que sempre estivo cheo de pintadas e afeaba a contorna. Ese mural facía máis fermoso a entrada ao paseo e a derradeira carballeira da cidade. Pero claro, a quen se lle ocurre facer un mural cunha poesía dunha muller que andaba pola vida cun arma que disparaba palabras fermosísimas en galego e aínda por riba de nada de anonimato con signaturas e fotografía, había que dar un escarmento e pagounas a súa xustiza. Xa outro poeta, Gabriel Celaya, decía ca poesía era un arma cargada de futuro.

Eu penso que ese mural non molestaba a nadie, embelecía un recuncho deteriorado e feo, sempre e bo ler poesía cando se vai pasear a carón dun río dunha poeta que tanto escrebeu e quiso aos ríos, hai pintadas e murais que molestan mais que unha poesía escrita nunha parede que o que fai é embelecer a contorna. Miña solidaridade cos mozos e mozas pola sensibilidade que amosaron co noso idioma ao facer ese mural tan fermoso.

Baixa rebuleiro e feliz o Gafos ca compaña ao seu carón do mural da poeta que tan ben escrebeu dos ríos e dos regatos pequenos antes de entrar no tramo cuberto cando quedase sen luz, sen as raiolas de sol que o acariñan como se fose a súa Negra Sombra.