18 de mayo de 2016
18.05.2016

Manuel María dende as entrañas

18.05.2016 | 04:55

Naceu en Outeiro de Rei. Fillo dunha familia importante de labregos ricos. Tiñan once ou doce vacas. Mataban outros tantos porcos ao ano. Cen fincas máis ben pequenas,algunhas arrendadas. O tío era Xosé Fernández,párroco de San Froilán, que falaba francés e italiano. Encargaríase do seu coidado cando morre o pai tralas complicacións dunha apendicite. O cura quería que fixese carreira en Dereito pero el prefería Filosofía e Letras. "Era terco como unha mula".

En 1950, en plena longa noite de pedra, publica "Muiñeiro de brétemas". Unha liña pódese asociar coa gracia saltareira de Amado Carvallo e outra coa musicalidade de madeira de Manuel Antonio.Pero Manuel non imitaba a ninguén, "foi un poeta da vangarda toda a súa vida."

Escribiu nunha noite, segundo confesou, e gran "violencia verbal" o excepcional "Morrendo a cada intre". Foran dous anos de "desbordamento e tormenta".

"Advento" está escrito máis a modo. Un dos grandes poemarios galegos xunto con "De catro a catro". Publicouse no exilio grazas a Luis Seoane. Formalmente é mellor. Á moda do surrealismo e con imaxes alucinatorias.Angustia vital. "Libro redondo onde non falta nada, ningunha coma".

No tempo da mili atópase con Bouza Brey, o pintor Maside que lle descobre o marxismo ou Otero Pedrayo, "presidente secreto da República Galega". Pola mañá daba clase ós analfabetos. Amaba á xente. "Falaba con todo o mundo! Ata cos toliños". Todo bondade.

No 63 sae "Mar Maior", que parece un diálogo con Francis Jammes, poeta francés algo olvidado, Luis Pimentel ou Cunqueiro."Versos para o día da miña morte" é boísimo e transcendente.

Buscou un sitio onde radicarse. Monforte. Tivera a sorte de coñecer a Saleta no 56. Viviu como procurador. No 70 a parella monta a Librería Xistral, que se converteu nun centro cultural. "Atendía ela porque Manuel en asuntos comerciais non valía absolutamente para nada".

"Remol" pertence a esta segunda época de repouso. "Acuso á clase media" é case unha bandeira. Foi recitado por moitos axitadores, "entre eles por min" na trastenda dunha taberna.

No 64 entra na UPG. Mantén militancia política intensa nos anos da nova canción galega. Presenta no 67 o recital de Raimon en Santiago. "Proba documental" inaugura unha etapa de poesía civil e combate. "Os soños na gaiola" é de carácter político aínda que non se olle expresamente.

Desde 1980 a liña da poesía cambia de maneira radical. "Demasiado prolixa". Con sutileza de recursos expresivos pero conmove profundamente. Fala de amor, reflexiona sobre a morte. Era moi relixioso, algo que non estaba de moda nun tipo de esquerda."Cre na pervivencia".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine