Co galo dos atentados en Bruselas están aumentando as agresións a cidadans islámicos españois. As mezquitas de Cataluña, Denia, Granada, Madrid, Soria, Salamanca, Vitoria e Gran Canaria sufriron ataques. Os escolares islámicos tamén sufren discriminación. En internet se propaga o temor contra os islámicos, ben chamado "ciberodio". Algúns partidos políticos expoñen ideas antiislámicas. Todo isto enrarece o clima de convivencia que deberá prevalecer nunha sociedade avanzada. A meirande parte dos islámicos están en contra de Al Qaeda e do Estado Islámico. Identificar musulmán con terrorista é un error.