cartas al director

A solidariedade fronte aos insolidarios

27.04.2016 | 05:19

"Hola, soy una chica que tiene cuatro hijos, necesito ropa, calzado y ropa de cama. Entre 3 y 14 años, de niño o niña. Gracias...."

Hai uns días encontrei este anuncio no taboleiro da Casa da Cultura de Redondela, fíxenlle unha fotografía e colgueino na miña conta de Facebook cun pequeno comentario, parecíame merecedor dunha acción solidadaria. En 48 horas foi compartido máis de 240 veces; é dicir, 240 persoas interesáronse polo asunto e compartírono cos seus amigos na rede social. Facendo un cálculo á baixa, 240 x 200 amigos cada un, poderiamos dicir que esta notificación de liña e media de texto lérona, polo baixo, unhas 48.000 persoas.

Sorprendido polo interese e para solidarizarme coa causa, que me pareceu sincera e urxente, chamei ao teléfono indicado na nota. Deixeille a miña achega e fíxenlle unhas cantas preguntas:

Chámase Guadalupe. Díxome que non ten traballo, o seu marido está no cárcere por problemas co permiso de conducir, paga 250 euros do aluguer da vivenda, 60 de luz e 10 de auga. Os ingresos son: 560 euros da Renda de Inserción Social (Risga); Servizos Sociais do Concello págalle o comedor do colexio de tres dos catro fillos, o cuarto vai ao instituto. Polo tanto, sen incluír os gastos esenciais de farmacia ou material escolar, o que lle queda para alimentárense todo o mes ás cinco persoas da familia son 200 euros. Non me corresponde a min facer valoración de se é xusta ou non a axuda prestada, despois de sabernos como sabemos que, casos coma este e outros de tanta ou máis penuria e pobreza, temos miles e miles en toda Galicia, e non por culpa dos que a padecen. Téñena chamado ducias de persoas estes días para apoiala e axudala, moitas delas xa o fixeron.

Nunha situación como a actual, na que case 700.000 galegos se atopan en risco de pobreza ou exclusión social, das que 90.000 están en posición de indixencia severa; con 222.800 desempregados dunha poboación en activo de 1.039.000; con todo tipo de recortes sociais, en sanidade: vacinas, medicamentos comúns, servizos de urxencias, ambulatorios e centros de saúde fechados, 450 medicamentos retirados do financiamento público, crecemento das listas de espera, copago farmaceutico? Outro tanto no ensino: subida de taxas universitarias, subida de prezo das garderías, redución de bolsas de estudo, recortes en profesorado, non cubrir baixas de profesores de menos de dúas semanas, máis alumnos por clase e menos ensinantes? Galicia ocupa o terceiro lugar do Estado en recortes de emprego en educación e sanidade. "Le voy a meter la tijera a todo, salvo a pensiones, sanidad y educación" (Mariano Rajoy, ano 2011).

A lista de recortes que levamos padecido é case interminable pola crise financeira debido á mala xestión de políticos e banqueiros: en axudas sociais, axudas á dependencia, en pensións, en servizos públicos, en cultura?(Hai unha excepción, o soldo e os privilexios da maioría dos políticos).

Nunha situación coma esta, digo, posiblemente non nos quede outra que non sexa a solidariedade social para solucionar casos coma os de Guadalupe (e outros moito máis precarios que, con seguridade, todos coñecemos), porque necesitamos vivir nunha sociedade menos dura, máis xusta e menos agresiva.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine