Por que temos tantos aforados? Tantos coches oficiais? Tantos políticos corruptos? Tantos cartos en paraísos? Tantos estafadores esquiando e navegando en barcos de luxo? Por que lle temos que pagar a unha princesa unha mensualidade?

Non ten quen a manteña na súa casa? Tan pobres están os pais e avós?

Para que eles poidan ter todo iso hai xente durmindo na rúa. Vellos morrendo sos e sin atención. Familias enteiras vivindo na miseria. Xente que non pode pagar a casa que seus pais lles deixaron (que non a roubaron) porque Facenda aplasta ós mais débiles, e éstes non teñen quen os defenda.

Non importa ser de esquerdas ou de dereitas, pero a Xustiza ten moito que facer. Mirade de facer xustiza "de verdade", que diso estamos moi necesitados.

Non me gusta este mundo tan falto de humanidade. Marcho en boa hora.