O dito e o feito

20.04.2016 | 05:36

Cada día nas tertulias, nas plazas, nas tabernas cando se xunta a xente celébranse conversas de tódolas castes. Ás veces escoitamos dicir "é moi fácil falar, pero hai que estar no caso?" Opinamos, criticamos e usamos o pensamento de moitas maneiras.

Eu diría que non é fácil falar, e menos, falar ben. Non só polo que corresponda á perfección do noso idioma na procura da expresión correcta, senón por un trato dos temas con relación ós demais dunha forma honrada e sincera.

Nestos días que estamos a pasar é polo menos interesante levar o asunto ó terreo da política. Cando me refiro ós políticos acostumo a dicir "os políticos das alturas", que por desgracia non é o mesmo que "ter altura de miras". Os de abaixo, aldeas, pequenos pobos e ciudades, son os que traballan para que vivan ben os de arriba.

Señores políticos, eses, vós, que non sodes capaces de tomar acordos polo ben común e ser consecuentes co que lle dixestes á quen vos elixiu?: quixera que, cun mínimo de humildade, me poiderades escoitar unhas palabras que dalgún sabio eu lin fai tempo: "que o pensamento chore sempre cando a realidade se enfade entre o dito e o feito".

Creo que ó ver o que está pasando o pobo, ó pensar en vós, polos vosos ditos e comportamentos danos ganas de chorar.

É unha mágoa, porque máis que nunca fai falta un bo equipo de xente de Estado para que o o noso país non volva atoparse con tanto lixo na xestión ecónomica e política.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine