Son moitos os concellos que están humanizando seus pobos, e como sempre ca oposición da maioría dos comerciantes e hostaleiros, alegando que a facer a zoa peatonal e as beirarrúas anchas, eliminaríase aparcamentos, polo que saldrían prexudicados a baixarlle as ventas, temos o exemplo dos concellos de Vigo (Calvario), O Porriño, Salceda de Caselas? e moitos mais pobos, pero cando construíron as zoas peatonais e as beirarrúas pasaron de 1,50 metros a 4, 5 ou 6 metros, todos estamos contentos, porque dámonos conta que son realmente útiles, bonitas e señoriais, pero cando vamos a disfrutar deste paseo señorial nos topamos con toda clase de artículos a venda na beirarrúa e sobre todo mesas e sillas das cafeterías que atrancan noso paso, e observamos que os mais contentos e beneficiados son os comerciantes e sobre todo os hostaleiros, que instalan as cafeterías nas humanizacións deixando tan só un metro para pasar, en algúns pobos chegan a ocupar parte da estrada cunha carpa ou unha construción fixa eliminando aparcamentos, incluso algunhas cafeterías cando pechan xa non retiran as mesas e sillas das humanizacións deixándoas atadas contra unha árbore, unha farola ou un banco, como se a zoa pública fora da súa propiedade. As mesas e sillas van aumentando progresivamente e o mais grave non é o pouco espazo que deixan de paso, o peor é que o deixan polo medio das mesas e sillas como se fora unha pasarela de moda, pola que temos que pasar sendo observados por todos os que alí están comendo e bebendo expostos e os comentarios e críticas dos mais aburridos.

As humanizacións son para disfrute de todos e que podamos pasear con liberdade, non para que as cafeterías as ocupen con mesas e sillas, e non vale dicir que as cafeterías pagan pola ocupación (non todas, nin por todas mesas), porque o espazo público e meu dereito o paseo en liberdade non está á venda, pero se o concello por afán recadador permite a ocupación en perxuicio do ben estar dos veciños, todos debemos ter o mesmo dereito, e como eu teño unha cociña pequena, teño dereito a baixar unha mesa e comer na beirarrúa, e como son defensor da igualdade e a xustiza (na lei non creo) tamén estou disposto a pagar por instalar a cociña na beirarrúa.