Quixera dar resposta á carta que tan oportunamente foi publicada no seu diario escrita por Severino Requejo Roca (presidente da mesa electoral das próximas eleccións á Comunidade de Montes de Cabral), polo que confío me dea vostede a mesma oportunidade publicando a miña.

Non vou entrar en calificar ningún tipo de xestión, nin a feita nin a prometida, xa se califican elas soas; o que si me parece intolerable é que a persoa que nestes intres debe ser a máis imparcial da parroquia escriba unha carta apoiando a unha candidatura concreta que, casualmente, é a actual Xunta Reitora, Xunta Reitora que elixiu a esta persoa para presidente da mesa sen dar ningún tipo de opción á outra candidatura que se presenta para participar no proceso. Isto indica o grado de manipulación que están a facer.

Escudándose, sen razón, na Ley de Protección de Datos, a actual Xunta Reitora dispón de todos os datos do censo e négaos sistematicamente á outra candidatura, mermando a posibilidade de poder enviar aos comuneiros unha carta, tal e como dixo no seu periódico o presidente da actual Xunta Reitora que ía facer; esa Xunta Reitora vaino facer cos cartos de todos e a outra candidatura nin sequera pode facelo cos cartos dos que a apoian exclusivamente, porque non ten os enderezos. Pode alguén imaxinarse que o partido político que estea gobernando negue o censo nunhas eleccións? Pois iso están a facer os membros da actual Xunta Reitora co beneplácito da mesa electoral.

En Cabral non hai a máis mínima dúbida do escandaloso de este proceso electoral manexado pola actual Xunta Reitora e apoiado pola mesa electoral, como queda evidente na carta do Presidente da devandita mesa. En fin, xa dixen ó principio que as xestións se califican soas.