Que foi dos novos políticos, aqueles que preconizaban que España necesitaba un cambio. Seguen estancados nas negociacións e xa hai mitos que apuntan a que isto non se vai resolver, polo que haberá novas eleccións e tal como predín as enquisas os resultados non van cambiar substancialmente.

Os xornais anuncian que o Banco de España advirte do baleiro político e por primeira vez en tres anos baixa a previsión de crecemento económico. Obama condiciona a súa visita a España a que haxa Goberno, etc. É evidente que os novos políticos non están á altura do que os votantes lles reclamaron. Seguen esperando ata o último momento para decidir se chegan ou non a un acordo.

Podemos segue encerellado na idea de que non pactará con PSOE e Cidadáns. Cidadáns avoga por unha gran coalición, que evidentemente incluiría ao PP, ¿é isto un cambio? O PSOE aférrase á idea do pacto conxunto con Cidadáns e Podemos e o PP empéñase na gran coalición que lle permita seguir gobernando.

Nós temos que dicir, como di Craiz Calhoun, que a verdadeira base da sociedade é a xente e coidar da xente debería ser o traballo dos poderes político e económico. Cada día sinto máis indignación pola irresponsabilidade manifesta duns e outros.

É hora de dicirlles que, como son incapaces de resolver este armazón, se hai novas eleccións non son os políticos que deban ocupar os postos de liderado nas listas dos seus respectivos partidos. Demostraron a súa ineficacia para seguir onde están e temos que esixirlles que desaparezan dos postos relevantes.

Albert, Pablo, Pedro,... non cren que necesitemos un Goberno estable que sexa capaz de avanzar mellorando as nosas expectativas futuras de emprego e de mellora económica?

"Se dice que el tiempo es un gran maestro, lo malo es que va matando a sus discípulos" (Héctor Berlioz).