Meu nome é Xulio Costas Estévez, veciño do barrio de Parada-Cabral, neto do difunto "Pecho", carreteiro e labrador natal de San Pedro de Cabral e da Aurora dos "Cañotos" de Sampaio-Lavadores. Ámbolos dous descansan no cemiterio da nosa parroquia de Santa Mariña de Cabral, a igual que moitos ancestros de Cabral.

Cal é miña sorpresa hoxe pola mañá ao ler as Cartas ao Director, atópome co artigo do Sr. Severino Requejo Roca, donde fai un resumo positivo dos 16 anos de xestión da actual xunta reitora da Comunidade de Montes de Cabral.

Pero deben coñecer tódolos vecinos de Cabral e lectores en xeral, que o Sr. Severino, é o actual presidente da mesa electoral, do proceso de eleccións que se van celebrar este vindeiro domingo dezasete no seo da Comunidade de Montes de Cabral.

O pouco que se lle pode pedir a un presidente dunha mesa electoral é imparcialidade e que faga cumprir os estatutos correctamente e que haxa a maior transparencia e democracia posible. Pero parece que isto ao Sr. Severino non lle importa.

Non lle importa que dende que foi nomeado a dedo pola actual Xunta Reitora en funcións para presidir dita mesa electoral, non fai caso ás peticións de impugnacións presentadas por escrito ante a súa mesa electoral dun censo de comuneiros manipulado e incorrecto: coñece sobradamente casos de comuneiros "ilegais" e casos de veciños nativos de Cabral aos que se lle nega o seu dereito a exercer como comuneiros. El vai meter o voto na urna de xente que non ten dereito a ser comuneira? Con que cara vai despois ollar aos seus veciños marxinados e humillados? En que liada legal se está a meter o Sr. Severino e todos estes comuneiros "ilegais"? A quén lle siguen o xogo? A súa xestión é un calco da xestión da actual xunta reitora en funcións, non fixo nin fai nada para que a paz social apareza na parroquia, todo ó contrario, bótalle máis leña ao lume, e o exemplo é a carta que nos envía a tódolos veciños de Cabral.

Non fai nada por organizar un debate plural, público e aberto entre as diferentes candidaturas para que expoñan os seus programas e liñas de traballo. Debate solicitado por moitos veciños, entidades e pequenos comerciantes? El con esta carta personal, xa fai o seu "monodebate", xulgando os programas.

Fala e fala en nome da súa actual Xunta Reitora en funcións, pero non fala en defensa das Asembleas de Comuneiros que son sempre as soberanas, e as que levan anos sendo censuradas, apaleadas e manipuladas; basta ollar as fotografías dos diferentes medios con gardas de seguridade diante da actual xunta reitora, esa é a democracia?

Non menciona no seu escrito que o actual Presidente está imputado por apropiación indebida e xestión desleal, e o sr. secretario imputado por falsificación documental. Ambos pola fiscalía.

Cal debe ser o papel do Presidente da Mesa Electoral? Cal vai ser seu traballo este vindeiro domingo no IFEVI?