Albania é aquel país olvidado que participa cada ano en Eurovisión. Nos seus tempos comunistas preferiu unirse a China que ás repúblicas de Iugoslavia e a Unión Soviética.

Agora Albania tamén se topa ca entrada de refuxiados no seu territorio. E como o resto de Europa incrementa o control fronteirizo. Unha morea de soldados son situados para que os refuxiados non entren en Albania. Conste comentar que os inmigrantes por causas económicas non teñen dereito a asilo. Eu pensei que coma Albania sempre foi peculiar abriría as súas fronteiras ós sen teito. Pero semella que non.

España leva sendo paso de inmigrantes en busca dunha vida mellor no norte fai moito tempo. Europa nunca lle deu solución algunha. Que se zafe España... Pero agora, se Inglaterra decide saír da Unión Europea, Francia abrirá as portas dos refuxiados en Calais para que pasen á prosperidade de Inglaterra libremente. Europa, Europa...