Estatuto de capitalidad para a primeira cidade de Galicia

04.04.2016 | 04:10

Estamos asistiendo estes días á tarefa encomiable do noso alcalde Abel Caballero de esixir diante da Xunta o estatuto de capital para a nosa cidade, aínda que o Sr. Feijóo parece facerse de Muros sobre o particular. Isto, que debera ser o máis normal do mundo, apóiase en razóns sólidas dabondo que están a vista de todos:

Vigo aséntase no posto número 14 do ranking das cidades de España. A súa poboación (295.000 habitantes) marca a maior diferencia entre todas elas coa da súa capital de provincia, case dúas veces e media máis.

Estamos a falar da primera cidade de Galicia, cunha diferencia coa que lle segue de 50.000 habitantes. Son feitos irrefutables e obxectivos, que deben ter unha resposta das autoridades, para evitar actuacións que no futuro distorsionen a realidade deste país.

Todos sabemos que a cidade olívica ten sido inxustamente tratada, en primeiro lugar polo abandono das súas forzas vivas, que a deixaron ir docemente como unha dorna que leva o vento. Pero estas forzas vivas teñen que ser capaces de artellar un discurso potente e decidido para que as cousas empecen a cambiar.

Sabemos que por non ser nin siquera capital de provincia, Vigo perde moitas oportunidades de progreso, e seguirá perdendo moitas máis, en beneficio doutras cidades que se aproveitan, de xeito inxusto, sempre que se lles presenta a ocasión, e á vista está: portos nodais, subvencións aeroportuarias, localización en exclusiva de institucións de xusticia, etc., etc.

É, polo tanto, de suma importancia acadar o estatuto de capitalidade, que a poña en igualdade de condicións coas outras catro capitais galegas, co que iso significaría cara a súa posta no mapa e o seu desenvolvemento nun futuro próximo. Porque, cómo se come ser a cidade número 14 do Estado, a primeira de Galicia, e contar, chegado o caso, coma se fora un cero a esquerda, que iso é o que está a suceder na actualidade?

Señor Caballero, cabeza visible da noble, leal e valerosa, siga loitando e dea a cara, como xa está a facer, para mover e poñer enriba da mesa o tema do Estatuto, que lle daría a esta cidade o rango, a todolos efectos, de capitalidade, e ás demais forzas que o arroupen, e todos, coma unha soa voz, fagámonos escoitar para que dunha vez por todas esperten os que teñen a obriga de darlle á cidade olívica o que por lexitimidade lle corresponde.

E si esto non se acaba, a nosa cidade estará sempre en desvantaxe á hora de satisfacer a súas ilusións e inquedanzas, que están a vista cada día que pasa, e que non paga a pena anumerar unha vez máis, cousas que non sucedería si Vigo gozara do devantido Estatuto de capitalidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine