Desde a antigüidade foron aparecendo grandes pedagogos que se preocuparon polo estudio dos rapaces, como a mesma palabra indica. Sócrates, Platón e Aristóteles son os primeiros grandes maestros, ós que aínda temos que recurrir moitas veces para centrarnos no verdadeiro espírito da educación. Na historia houbo moitos máis que trataron con profundidade o gran tema.

Non está por demais revivir algunhas das súas frases sabias: Socrates, "A verdadeira sabiduría está en recoñecer a propia ignorancia". Platón: "Dous excesos deben evitarse na educación da xuventude: demasiada severidade, e demasiada dulzura". Aristóteles: "A intelixencia consiste non só no coñecemento, senón tamén da destreza de aplicar o coñecemento á práctica". Cicerón: "Equivocarse é de humanos, pero son estúpidos os que perseveran no erro". Séneca: "Non hai que aprender para a escola, senón para a vida". "A Filosofía é a ciencia do perfeccionamento humano".

Para finalizar con estas famosas frases quero citar unha dunha importante figura da pedagoxía contemporánea, Victor García Hoz: "Liberar é educar, educar é liberar, é dar sentido pleno á propia existencia persoal e axudar a que tamén teña sentido a existencia dos outros".

Etimolóxicamente a palabra educación significa conducir, do latín "duco". É responsabilidade de pais e profesores saber conducir ós fillos e alumnos para que aprendan a desenrolar a súas potencialidades para camiñar ben pola vida. Decía un destes días o mestre candidato ó premio Nobel, que esa responsabilidade ten que nacer nas familias para completala na escola, ó cincuenta por cento por cada parte.

Para facer ese traballo tan vital e sublime é indispensable que os pais e profesores teñan a formación suficiente poder conseguir os obxectivos que marcan as etapas da vida. Pero o quid da cuestión é, quen forma ós que van ter esa misión? Fálase de formadores de formadores, da escola de país, da carreira docente?O Estado ten a obriga de poñer os medios necesarios para que os responsables da educación teñan a preparación que se require.

Penso que a educación é a base fundamental para un Estado de progreso e de prosperidade. Se queremos vivir nese ámbito temos que ter o interese e traballo necesarios para logralo. Todos estaremos implicados no nosa formación persoal para aprender a participar nunha vida social digna e feliz.