Agora que a seguinte ruta semella Marte compre falar do vello Galeón de Manila. A embarcación puxo en conexión Filipinas, México i España dende 1565.Toda una viaxe intergaláctica para aquela época. Aproveitaba as correntes pacíficas para chegar antes.

A cuberta do Galeón ía repleta de españois na percura de fortuna. Imaxínome ollando o horizonte pacífico na percura das illas Guam. Á volta viña cheo de especias filipinas, achiote, sili e bauang, por exemplo Tiñan que ser desembarcadas en Nueva Es'paña, México, e transportadas polo itsmo de Veracruz para atravesar o atlántico e chegar a Sevilla.

O Galeón de Manila na súa historia fixoo moitas máis millas que ningún descubridor.

E 1815 cando Nova España se convirtiu en México i este comezou a súa singladura para ser independente O Galeón de Manila deixou de surcar os mares.

No caso de Mexico cambiaron a España polo PRI eterno. Un partido que dominou Mexico coma se fose o patio da súa facenda.