Donald Trump é un camaleónico empresario. Estivo a favor do aborto. Logo foi contrario ó mesmo. Pasou polo partido demócrata. Despois merodeou o republicano. Criticou a Reagan. E xa no século XXI, ten un plan para os Estados Unidos. Por outra banda, non ten rival claro nas primarias republicanas.

O plan de Trump reside en edificar un muro na fronteira con México. Nos terreos que os Estados Unidos se anexionaron rifle en man nas guerras do XIX. Os gastos do muro corren a cargo de México. Bo chiste. Isto lembra a Israel.

Asemade, planea matar a todos os membros do Estado Islámico, ISIS, nais e fillos tamén, sen Cruz Vermella, supoño. En Guantánamo voltará a utilizar a técnica de afogamento simulado, waterboarding. Pero cándo voltará Guantánamo a Cuba?

Quere afundir as importacións chegadas de China. E se pode afundir ós chinos. Non semella moi diplomático. Recordemos que George Washington tamén foi republicano.

Supoño que non lle darán o Nobel da Paz, aínda que nunca se sabe. Cando llo deron a Mandela houbo que compartilo con Frederik de Klerk, africaner redimido.