Austria, Eslovenia, Croacia y Macedonia veñen de limitar o paso de refuxiados polas súas terras a só 580. Austria foi xunto a Hungría un imperio collage de etnias e pobos, crisol de culturas ata o seu fin. Daquela non tiveran reparo algún en contratar mercenarios de todas as culturas nos seus exércitos. Eslovenia e Croacia veñen de malvivir na natiga Iugoslavia de Tito. Ambolos dous países son una mistura de etnias e relixións. Non sei que mal lles fai ver pasar refuxiados polos Balcanes. Macedonia é a máis pobre e menos agresiva das antigas republicas iugoslavas. Tampouco atura ós refuxiados. I é curioso porque durante moito tempo Europa buscou a ruta da seda, Damasco e as especias de Oriente. Pero cando hai problemas os europeos miran cara outro lado. Mentres, 25.000 refuxiados malviven nas costas gregas nun país afogado polos rescates.