Vacacións en paz 2016

02.03.2016 | 05:16

O pasado sábado 27 de febreiro celebramos o 40º aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática. Tras corenta anos de loita e resistencia, o Estado Saharauí que ten o recoñecemento de máis de oitenta países e da Unión Africana, representa a vontade de todo un pobo para exercer o seu dereito lexítimo á autodeterminación. Dereito recoñecido pola ONU aos países baixo dominación colonial.

Nestes corenta anos, conforme ao máis estrito respecto ao Dereito Internacional, quedou de manifesto que a presenza marroquí no Sáhara occidental é ilegal, polo que non debe ter efectos xurídicos nin políticos que mermen o dereito do pobo saharauí a decidir o seu futuro en liberdade.

A ONU definiu esa presenza na Resolución 3437 (1979) como mera "ocupación militar" que por desgraza se prolonga no tempo coas consecuencias de violencia, atropelo e abuso dos dereitos humanos, diante da pasividade vergoñenta da comunidade internacional. Aínda peor, a situación do pobo saharauí padece o silencio cómplice do Estado español. Na calidade de potencia administradora deixou nun abandono irresponsable a estes irmáns nosos, os saharauís, que sofren esta traxedia política e humana de xeito ilegal. Poderían remedialo cando quixeran por lei.

Máis alá da nefasta política dos gobernantes cos irmáns saharauís, o pobo de España e os galegos en particular, vímolos axudando solidariamente mediante varias organizacións de cooperantes, entre elas SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) a través de múltiples actividades: envío de alimentos, medicamentos, participación con equipos médicos, escolares e programas coma "Vacacións en paz" onde centos de nenos veñen a convivir con familias acolledoras do noso país para recibir atención médica, cultural e cariño familiar nas nosas casas. Levamos case trinta anos sacando dos campamentos de refuxiados, no deserto de Tinduf, a moitos nenos que sofren na "hamada" temperaturas de máis de 40 graos.

Estes últimos anos, polo saqueo económico e dereitos que o neoliberalismo capitalista de dereitas infrinxiu á nosa sociedade, hai menos posibilidades das familias para atender aos nenos, polo que veñen cada vez menos. Por iso a nosa ONG solicita dos gobernos municipais un pequeno e solidario esforzo, colaborando coas familias acolledoras e axudando a costear os billetes de avión destes cativos.

No Val Miñor, desde SOGAPS pedimos cooperación humana aos concellos de Baiona e Nigrán; Gondomar xa vén participando dende hai anos no programa. É un esforzo insignificante de colaboración que aporte algo de felicidade neste abandono. Mentres actuamos coas crianzas, seguimos petando nas portas da conciencia política indolente dos gobernantes do Estado español que tanto avergoña a Marca España. Abandonar e ignorar a este pobo, que nun tempo era español, nas mans da dictadura marroquí lúxanos a dignidade de ser españois.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine