A "xenial" proposta do partido radical suizo plantexa expulsar dos Alpes a todo cidadán sen nacionalidade suiza. Eiquí están os presos das cárceres. Máis tamén outros sectores. Os netos dos emigrantes españois, portugueses, italianos e kosovares non son suizos. Son alcumados coma "Secondos" en italiano. Se a proposta ten éxito terán que abandoar o seu país, Suiza. Un país que foi estado vasallo de Napoleón coma confederación helvética. Non quería problemas co Bonaparte. Un país sinónimo de neutralidade, paz, sede da Organización Internacional dos Traballadores, sede do comité olímpico e o seu espíritu, berce da cruz vermella. Unha nación que semella un arco da vella de cores de pel, razas e crenzas. Unha terra feita coa suor de moitas culturas.

Hai un Castelo perto de Xenebra onde un home moi educado te ensina o Castelo da vila que un día foi cárcere. Alí podes ver as fotos de todos os maleantes que percorreron os Alpes e os seus versos escritos nas paredes. O Cantón francés fixo do cárcere un museo. Supoño que os cantóns se porán dacordo en votacións sin senso. Agardemos que os secondos non teñan que abandoar Suiza.