Inventouse no Reino Unido o fútbol. E xogan con Bruselas tanto como poden. A Comunidade Europea creouse entre Francia, Holanda, Bélxica, Italia, Alemania e Luxemburgo nos cincoenta. Inglaterra non entrou nela ata o 73. E dende aquela, cada certo tempo, ameaza con deixala. Por temas económicos. Non quere invertir demasiado na facenda do continente nin dar subsidios os inmigrantes. Non desexa perder a City das finanzas. Mira que o canal da Mancha é cativo. Pois eles prefiren seguir sendo illa aillada. Aillada so de Europa. Xogando ca pelota da libra.

Porque aínda soñan ca época victoriana na que Inglaterra era un imperio ultramariño. O Reino Unido conquería materias primas das colonias e vendía manufactura fina por todo o mundo. Ata tiña amañado o Mediterráneo controlando Malta e o estreito de Xibraltar. A India independizouse pero ficou co seu sistema e lingua franca. Moito antes, Norteamérica deixara de tomar o té inglés e botouno ó dique de Boston en sinal de protesta.

Pero gran parte disto foi a pique cas guerras mundiais. Xurdiu Estados Unidos coma nova metrópole, e fin do imperio británico.

Inglaterra, coma berce da industrialización e o sindicalismo é necesaria en Europa. Ninguén debera xogar ó 'Brexit'.