Desde o meu punto de vista é unha irresponsabilidade de como están levando o peche da asociación. A asociación é moito máis que un xoguete, polo que pido respeto para todas as persoas que traballaron e loitaron para conseguir o local que ten o barrio. Gracias a esas persoas, entre as que se atopan xa finados Arines, Tomás, Letri, Fernando Nogueira, Miguel Moredo, así como Elena Antonio do Poulo e o mestre Antonio e moitos máis.

Digo esto porque a asociación leva pechada desde o verán, ¿Cales son os motivos para que isto ocurra, a que responde esta actitude? Esta asociación xa pasou por momentos complicados e co esforzo dos veciños saliu para diante. Pídolle ós responsables que convoquen unha xuntanza cos antigos directivos para ver si entre todos consiguen buscar unha solución, si é posible, e si non a hai tense que facer uso dos estatutos convocando unha asamblea xeral con todos os veciños e que decidan que se fai, liquidala e entregarlle as chaves ó Concello.