Pasaron casi dous meses da campaña que sofremos, liada polos nosos aspirantes na procura de coller o mol sillón do gran Anfiteatro, nunca mellor dito, ¡pois mira que son comediantes..!, que me perdoen se peco. E despois de todo eso, seguemos con máis do mesmo.

A formación acádemica dos nosos políticos parece ser boa, pola alta porcentaxe das diferentes titulacións das que presumen. Sen embargo a formación persoal, se está vendo que, deixa moito que desexar... Estiveron en debates, entrevistas, mítines..., ata participaron en programas máis ben rosas. O nunca visto. Digo porque non faltaron nin os insultos? ¡Ata ahí podíamos chegar!, e chegaron. Por todo esto poderíamos traer ó caso o famoso adaxio latino. "Quod Natura non dat, Salmántica non praestat", que traducido sería,"o que a natureza non da, Salamanca non otorga".

Polo que estamos a ver a cousa pinta mal. Pois está claro que lle importa pouco o benestar do pobo, do que tanto falan. Hai liortas non só duns partidos cos outros, senón tamén dentro do mesmo, chegando case ó histerismo na busca de facerse cun oco de poder donde sexa. Tiña as miñas dúbidas, pero o teño claro, como di algún intelectual por ahí: "que os políticos están a pensar máis no seu propio partido que en resolver os problemas do pobo". Mentres sexa así non haberá unha verdadeira democracia.

Vou poñer un exemplo claro, que pola miña ocupación me toca moi de cerca, para demostrar a falta de eficacia na xestión dos servicios ós cidadáns. Refírome ó Rexistro Civil, que non saben que facer con el. É tan fácil como que estando dixitalizado desde calquera xulgado, onde están os rexistros, o funcionario de turno poida facilitar certificados das inscripcións de tódolos municipios do país. Non ten problema ningún, pois é cousa dunha simple aplicación informática, que xa hai, pero que non deixa certificar aínda que se vexan as inscripcións doutros sitios. Non hai dereito, parece unha broma; a quen corresponda lle digo: se non sodes capaces de resolver cousas tan sinxelas, "apaga e vámonos?" ¿ En quen están a pensar, no cidadán ou en acumular escanos para irse a dormir ós sillóns?

Eu penso que o problema é que sobran moitos políticos. Aquí si que había que facer recortes? Para que queremos Senado, Deputacións, tantos asesores... Xa chega ben co Parlamento do Estado e os das Autonomías. Ó haber tantos a mandar?, "eu por min e ti por ti, e a casa sen barrer". Se pode servir de exemplo, comparemos: Alemania, con oitenta millóns de habitantes, ten 150.000 políticos; España con corenta e seis millóns, 450.000. Poden vostedes relexionar con boa lóxica e saquen conclusións, por favor.

O problema gordo é que para conseguir eso hai que cambiar a Constitución. Teríanse que poñer a inmensa mayoría de acordo para facelo posible. Non quero ser pesimista, pero non lle interesa. É unha magoa, porque entonces si que teriamos un país renovado de verdade e limpo de malas mañas. Claro, sempre e cando eses novos dirixentes tiveran a suficiente vocación de servir ó pobo de feito, e non de boquiña?