Para escomenzar dicir que os "populares" deben facer un exercicio de contricción, pois asumir seus erros que é de humans. Parecerá unha utopía pero o devandito partido poderá máis ben apoiar aos socialdemócratas na tarefa de axudar a un cambio paulatino que agache e de un paso na historia, como garante da unidade e independencia do lexislativo, xudicial e executivo.

É necesario sacar os demócrata-cristiáns da UCI. Isto non significa unha amnistía fiscal para unha conducta corrupta, de prevaricación e cohecho. Polo tanto, é moi necesario facer consultas con Pedro Sánchez e a súa directiva, a fin de formar un goberno estable, democrático e con moita ilusión. Isto non deberá de calquera xeito ao carón das muitas especulacións dar saída ás dificultades que temos hoxe. Neste impasse, haberá tempo máis que suficiente para abordar a futura, lenta, pero desexada recuperación.

E en canto ó poder, o PP non deberá sacar moita tallada (como quere facer Podemos e seus adláteres), non quere dicir que non teñan seus representantes de cara a un goberno lexítimo, operativo, minimalista? Visto así teremos unha lanzadera para catapultarnos a metas e senderos máis próximos, derradeiros; postos a producir un goberno oportuno, non de transición. Así teremos unha oposición mellormente máis afable e consecuente.

No fundamental, a secesión non é factible; en todo caso habería que estudar a Constitución máis en profundidade, acolléndose a novas e futuras interpretacións; suxeitas a unha análise dunha comisión de coñecedores do tema ou sexa do TC.

Iso é todo, á espera de que collamos o tren en marcha, evitando sorpresas de última hora.

Si ou si, na investura os "peperos", sen ánimo de faltar, xa saben o que teñen que facer: non abstenerse ou mellor dito favorecer a gobernabilidade (penso que gobernación).