cartas al director

Hemerotecas

15.02.2016 | 06:06

As cousas son. É o que hai. Ditos de manual, e non pensar demasiado, nin sequera nada, nin remexer as ideas un ápice. Estar ó momento, que outra queda ademais de vivir o inmediato? Sen calendario nin previsión a longo prazo. É agora, surfear na crista da onda, na escuma que dura o que dura e xa un relevo atrás dela. Praia en instantes de acopio e anda.

A mente tende, igual que as empresas, á deslocalización, vidas de outros, historias alleas vividas e prestadas -como compartir textos en soidade-. É un "bluff" ó igual que tantos castelos no aire. A cabeza está a levantar castelos faltos de base cada segundo, e estican toda a vida, en casos. A capacidade de baleirar o pensamento, destila a percepción pura, un non pensar alén do estrictamente inmediato, cubrir as necesidades e fóra, con conciencia do efímero e transitorio.

A data atrapa ó cidadán, nas follas e noticias do xornal, un lector avanza polo artigo ou a columna de opinión a sortear os caracteres, os puntos e comas. As noticias resumen a vida, anacos, porción, retrincos de realidades contidas nas liñas. As noticias levan a existencia despegada por lectores ávidos. Hemerotecas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine