A inédita situación política que se está a dar convida a unha ocasión única. Ocasión para o esforzo, as ideas, puntos de vista, tentar solventar os problemas. O pulo dos que lideran o país é a chave para sacar adiante leis e medidas tendentes a facer mellor a vida dos españois, diante doutras metas. Soamente a responsabilidade fai que isto se entenda coma unha certeza indudable, e fóra da que os votantes atopan a distancia entre o cargo electo e a rúa. Hai por parte planos, teorizacións e teses de amplo alcance, revolucionarias, ambiciosas, utópicas. É preciso valorar o inmediato, aquilo que reclama o cidadán, o pragmatismo tan manido pero tan real. Respostas. Solucións. Feitos. Xuntanza. Reunión. Consenso. Progreso social. É tempo.