Álvaro Cunqueiro

08.02.2016 | 04:05

Comenzei a recibir quimio o día 29 de decembro no Hospital de Día no Álvaro Cunqueiro. Levo tres sesións e cada cal peor. Sempre hai problemas, ben porque está parte do persoal de vacacións ou problemas de suministro da medicación correspondente. Quero deixar ben claro que non é por culpa do persoal sanitario, do cal recibimos un trato exquisito, todo son atencións para cos enfermos. Digo que cada cal peor porque nas dúas primeiras houbo problemas co suministro da medicación. O colmo foi o día 26 de xaneiro. Fanme a analítica habitual ás 8.15 da mañá e ás 10.15 paso á consulta do oncólogo para que dea o visto bo a dita analítica. Eran as 13.00 horas, non me atenderon por falta de medicación. A cousa non quedou aí, xa que durante o tratamento seguiu habendo retrasos pola falta de medicación. Cando saín eran as 17.45 horas. É incomprensible ter que estar 9 horas e 45 minutos para un tratamento oncólogico que non é unha broma. Eu son de Vigo e teño que erguerme ás 7.30 da mañá, pero que pasa coas persoas que veñen de lonxe, a que hora se teñen que erguer e a que hora chegan as súas casas mal comidos e co contador correndo dun aparcamento privado, que de económico non ten nada. É unha vergoña que ditos retrasos estean provocados por culpa dunha campana que leva dous meses averiada, segundo nos comenta o persoal. Ás veces teñen que pedir medicación a Povisa e tamén a Coruña. É inxusto que esto estea pasando por culpa desta sanidade privada que só pensa en especular cos enfermos e encher os petos de diñeiro. Esta é a sanidade pública que nos vendeu o señor Feijóo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine