Avisa o parte dunha néboa que desdebuxa as formas na mañá fría, onde se oen as voces pola visibilidade nula, que aconsellan precaución nas estradas e que obriga a pechar aeroportos. Aena aclara que malia o número, significan pouco no tráfico, o cal sendo así non impide o trastorno que producen aos usuarios e que repercute no desprestixio dos destinos.

É certo que se deba primar a seguridade por riba de todo e niso conflúen sector e viaxeiros, onde se identifican completamente. Por iso, hai unha aposta pola tecnoloxía como base para as comunicacións. Sexa.