Molembeek é unha cidade dentro da cidade. Nunca dorme. Permanecen abertos gran números de bares e cafeterías, onde os xa belgas de ascendencia magrebí reúnense a calquera hora. Onde hai unha conciencia e unha resistencia a seren considerados diferentes, estranxeiros, non integrados, como se fose outro ceo que viron por primeira vez. Eles naceron en Europa, e coleccionan os substantivos sucesivos da corrección política: non integrados, inmigrantes de segunda xeración, africanos, muslimes. Confésanse exasperados. Saben que nunca os verán como a iguais -confesan nas entrevistas-. E logo o exército, omnipresente, no metro, no aeroporto. Tentan tirar derriba os sambenitos que lles colga a sociedade: terroristas, fanáticos, integristas.

É Molembeek, por dentro.