Valle Inclán nas trincheiras

14.01.2016 | 04:26

Hai cen anos da misiva do goberno francés que lle pide a Valle que fose correspondente na Gran Guerra. No seu pasaporte leíase "barba moi longa, ollos garzos, fáltalle o brazo esquerdo".

Viaxa a París o 27 de abril de 1916. Non regresa ata dous meses máis tarde. Na capital visitou a Rodin e ó pintor Ignacio Zuloaga. Participou na homenaxe que A Sorbona lle fixo a Rubén Darío. O 2 de maio visita as fábricas de munición onde xa se incorporaban as mulleres ó traballo.

Apareceu un caderno privado do escritor con múltiples correccións e anotacións. Emprega frases sobrias e lacónicas. Moitas veces desposeídas de emoción. Nunha nota di "Soy de Pétain".

O 5 de maio foi a fronte de guerra por primeira vez. Desde entón só facía viaxes intermitentes a París. Diríxese ás cercanías de Belfort. Acompáñano Chaumié, Pierre Lalo e un oficial francés. Van bordeando os Vosgos. Estaban na longa fase de trincheiras na que apenas había cambios.

Visita Lure, Thann e o pobo en ruínas de Metzeral. "Diviso la plana verde de Alsacia. Ahora está calva como si hubiese pasado el hacha de un leñador". Queda impresionado polas angostas trincheiras. "Fosas embarradas cubiertas de ramaje. Veinte pasos más lejos comienzan las alambradas. Están llenas del olor de los muertos. Frío y pavoroso". Destrúen Reims, cidade símbolo para os franceses. A catedral desfeita. "Las gárgolas rotas. Vidrieras no queda ninguna".

Do 18 ó 21 de maio visita Salon. "Me despierta una detonación. Es la una de la mañana". Quedou aflixido ó contemplar uns cadáveres. "Cuerpos desechos de dos aviadores. Las ropas chamuscadas. Se les cava allí mismo la sepultura." O 19 déixanlle voar sobre as trincheiras alemanas nun avión militar. Unha visión astral. Sinte o vento na cara. Medo non transmite.

Todas esas vivencias publicáronse por entregas en El Imparcial. Ó regreso a España saiu La Media Noche. Non fai unha reproducción ideal do que viviu senón unha abstracción. Algunha das recreacións refírese a Arrás ou ó Mar do Norte onde sabemos que non estivo; aí basaríase no que lle contaron. O libro é como un mosaico de pequenas teselas que abarca só doce horas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine