Postais de Compostela

09.01.2016 | 04:55

A estreita Casa do Cabido agocha un tesouro. Cos mapas xa case indescifrables. Uxío de la Riva Pol naceu na rúa Nova o ano da Guerra. Tiña antepasados cameros. Pero era tan picheleiro que participa como extra na película La Casa de la Troya. Aficionouse á colección de cartóns postais. Algús deles os mercou en Madrid, A Coruña ou Bilbao. Eran máis dun milleiro as que donou ao Museo do Pobo Galego no 88. Na colección incluso hai uns curiosos selos. Finou hai dez anos.

Lembramos unha Compostela máis pausada. Nun tempo xeórxico. De carballos, roseiras e eucaliptos. Un pasado de ramplas onde hoxe hai escareiras. Na catedral estaba a lanterna da capela da Comunión. No Obradoiro, que un día foi praza Alfonso XII, o colexio de San Xerome funcionaba como "Escuela Normal" ata que nos oitenta acolleu o Rectorado. Os alabardeiros facían garda no Hospital Real. Antes de facer o Consistorio en 1784 estaba alí a Casa dos Churruchaos.

Praterías durante un tempo chamouse Martín de Herrera na honra dun cardenal. No 1936 derrúbanse as Casas de Espinosa para erguer nese solar o Antigo Banco de España.

A fermosa Quintana estaba arborizada. A Casa da Parra non tiña o piso superior da balaustrada. Xunto ao Seminario Maior existía a fonte de San Xoán. O rostro da Fonte de Marte do Toural semellaba o do xeneral Quiroga. Substituírona en 1948 polo xarrón actual. O monumento de Asorey en San Francisco remóntase a 1930. Na Porta do Camiño estaba a antiga Alfóndiga.

Onde hoxe está o céntrico Hotel Compostela estivo a casa da Inquisición desde 1729 ata que se derrubou en 1913. Logo tamén foi Garaxe "La Unión" e Teatro Royalty. Fronte a esquina do Derby, estaba o Petit Christian Hotel. A xoia da praza de Galicia, daquela alcumada como praza Pablo Iglesias, era o edificio Castromil. O seu polémico derribo foi en 1974. Unha calamidade.

O hospital de Nosa Señora da Piedade, coñecido coma o asilo de Carretas, levantouno Xesús López de Rego na segunda década do XX. Agora cobrou vida a nova sede de acollida ó peregrino. O mesmo arquitecto construiu o edificio modernista da Finca de Espiño entre 1910 e 1915. Acondicionaron os xardíns pero o pazo neogótico segue ruinoso. Outra mágoa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine