Ideas preconcebidas, medo ao descoñecido presente nos filmes e narracións de ciencia ficción, constitúen atrancos para o progreso científico e a creatividade. Non hai volta atrás para o coñecemento. A nosa vida corre parella a eles e arrequecémonos e arrequecémola. Así mesmo conquerir a inmortalidade é deter o tempo, terreo no que o mito rexe. Crebar o ciclo do mito, ceibarse dos seus grillóns, ten o seu paralelo na liberdade e na superación da esperanza de vida e en acadar a lonxevidade. Relacionado con isto anda a taxa de natalidade -leo con interese- baixa no mundo desenvolvido agás EE UU. Ven cadrar isto cun modelo de sociedade concebida por Aldous Huxley no seu Mundo Feliz en forma de distopía, pero isto non é mais ca unha consideración moral. Non sei se acerto afirmando que a matemática está por riba da moral, anque esta, a moral, actúe de piar da nosa preservación como especie. No mundo feliz de Huxley humanidade e natureza aparecían divorciadas, a humanidade emancipada na euxenesia, unha enxeñería e unha produción industrial de novos seres felices. Quizáis o autor anticipou o que viría tras o humanismo.

En todo isto ando eu atoutiñando pois carezo da formación, sen embargo a curiosidade empurra.