Un dos retos que enfronta o "xornalista" -dito no senso francés, para nós diarista- é desaparecer do diario, do escrito, expresarse de maneira que se baleire na folla de papel sen deixar rastro. Constitúe isto un desafío colosal e tal vez imposible, e significa renunciar a si mesmo. Identificarse coa totalidade. Claro, ocórrelles a monxes pero non aos políticos e mais en España onde "identificarse significa desaparecer". O PSOE teme morrer na identificación co Partido Popular e iso despois de toda unha vida de convivencia. Por parte, Albert Rivera pide ao PSOE que se "molle" e dío quen ten por estratexia política el non mollarse, agás en temas como a unidade de España que vén ser a súa mensaxe. Albert Rivera é presa da maldición do diarista: o non poder evitar retratarse, o selfie. Exhorta aos demais a facer o que debe facer el. Non pode identificarse porque isto sería esluírse no Pp e morrer. Son a mesma cousa. É ben comprensible pois reflicte o cerne do carácter español. E mentres tanto sobe a prima de risco. E máis que vai subir.