En febreiro comenzo o curso de preparación para o Celga 4. Para ir quentando motores, empezo a ler un libro de Méndez Ferrín que tiña na casa. A introdución fala das peripecias do autor nos seus anos mozos, de como loitou e sufriu, encadeamento incluído, por defender a lingua galega, naqueles momentos tan vilipendiada polo réxime franquista. O caso é que o péndulo, impulsado polo empurrón galeguista, chegou ao outro extremo e agora somos moitos os que temos que tragar coa discriminatoria inxustiza de non poder exercer as nosas profesións por non poder probar, papeliño en man, que falamos galego.

Dada a súa ineficacia administrativa respecto aos exames do Celga, o mínimo que Política Lingüística podería facer é conceder prórrogas, tanto aos que veñen de fóra coma os que poderían estar traballando de non ser porque eles non facilitaron a obtención do certificado o pasado verán. Sen embargo atopámonos cunha inflexibilidade férrea, digna de calquera dictadura: sentímolo moito, é a normativa.

Digna tambén de dictadura é a indefensión cidadá. Política Lingüística pásase polo forro o Estatuto de Autonomía, no que se afirma que os poderes públicos facilitarán o coñecemento da lingua; que o castelán tamén é lingua oficial de Galiza e todos teñen o dereito de usalo; que ninguén poderá ser discriminado por razóns lingüísticas (véxase o Artigo 5). Así e todo, aquí estamos, a tragar, sen ninguén a quen acudir para defender os nosos dereitos.

Pregúntome que pensarían de todo isto Castelao, Cunqueiro, ou Ferrín, cuxo galego, curiosamente, xa non é normativo.